• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

202 persoas participaron na votación para nomear rúas e prazas públicas da Laracha, Paiosaco e Caión

19/11/2018

Un total de 202 persoas participaron na votación para bautizar por primeira vez ou renomear máis de trinta rúas e unha praza pública situadas nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión. Esta ampla renovación dos rueiros das tres vilas está orixinada por diversos motivos, xa que certas vías carecen de nome, outras poden levar a confusión ao coincidir co topónimo de lugares ou parroquias do termo municipal, noutras darase ás agora coñecidas como travesías a condición de rúa e nun caso o cambio faise para dar cumprimento á Lei de Memoria Histórica.

O prazo para cubrir o formulario estivo aberto durante 17 días, desde a mañá do venres 2 de novembro ata a media noite de onte domingo. Convidouse a participar a todas as persoas maiores de idade e empadroadas no Concello da Laracha.

As opcións maioritarias votadas pola veciñanza nesta consulta popular foron as seguintes:

A Laracha:

  • 1ª Travesía Doutor López Astray: Rúa Maruja Mallo.
  • 2ª Travesía Doutor López Astray: Rúa Clara Campoamor.
  • 3ª Travesía Doutor López Astray: Rúa Ramón Cabanillas.
  • Travesía da Avenida de Caión: Rúa Ponte da Balsa.
  • 1ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa María Mariño. 
  • 2ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Valle-Inclán. 
  • 3ª Travesía Eusebio Bértoa Queijo: Rúa Emilia Pardo Bazán.
  • 1ª Travesía Médico David Mallo Gómez: Rúa Enrique Muiño. 
  • Rúa Montemaior: Rúa Río Bradoso.
  • Rúa Paiosaco: Rúa Río Acheiro. 
  • Bautizar a rúa entre a Avenida Fisterra e A Gándara como: Rúa Canta La Rana.

Paiosaco:

  • 2ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Cabana de Bergantiños.
  • 3ª Travesía Avenida Bergantiños: Ponteceso.
  • Bautizar a rúa traseira entre a 2ª e 3ª Travesías Avenida Bergantiños: Rúa Laxe.
  • 4ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Malpica de Bergantiños.
  • 5ª Travesía Avenida Bergantiños: Rúa Coristanco.
  • 1ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa da Braña.
  • 2ª Travesía José Loureiro González (Paiosaco): Rúa Xosé Neira Vilas.
  • Manter o nome da Rúa San Martiño.

Caión:

  • Rúa Carrero Blanco: Rúa da Torre.
  • 1ª Travesía Carrero Blanco: Rúa Argazo.
  • 2ª Travesía Carrero Blanco: Rúa dos Percebeiros.
  • 2ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano: Rúa das Baleas.
  • Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa das Pías: Rúa Costa do Pichón.
  • Rúa sen nome entre a Avenida da Laracha e a Rúa Luis Varela Curbera: Rúa do Lavadoiro.
  • Rúa de nova creación que se abrirá no Campo da Insua: Rúa Muíño do Vento.
  • Bautizar a vía aberta na Avenida Méndez Núñez que coincide co final do Rueiro das Figueiras como: Rúa Hortas do Concheiro. 
  • 1ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Redeiras.
  • 2ª Travesía Campo da Insua: Rúa das Atadoras. 
  • 1ª Travesía Rueiro das Figueiras: Rúa das Traíñas. 
  • 1ª Travesía Praza Eduardo Vila Fano: Rúa dos Mariñeiros.
  • 1ª Travesía San Roque: Rueiro de Leis.
  • 2ª Travesía San Roque: Rueiro da Fonte. 
  • 3ª Travesía San Roque: Rueiro da Igrexa.
  • Bautizar a praza situada no final da Rúa do Carme, detrás da cetárea, como: Praza Punta das Ondas.
  • Estrada As Salgueiras: Rúa da Praia.

 

Os resultados da consulta popular, a primeira destas características que se realiza no municipio, será a proposta que se elevará primeiro, a Comisión Informativa de Asuntos Xerais do Pleno deste venres e, posteriormente, á sesión ordinaria do Pleno que se vai celebrar o xoves día 29 de novembro.

Ademais, tamén se proporán incorporar ao rueiro outros nomes que non foron obxecto desta votación, tales como o paseo marítimo e a praza da Ribeira de Caión e, na Laracha, as prazas do Concello, O Recreo, Praza da Cultura (xunto á Casa da Cultura) e Praza Olonne sur Mer (aparcamento fronte á biblioteca e o IES Agra de Leborís), ademais da 1ª Travesía Santa Lucía que pasaría a denominarse Rúa Isabel Zendal Gómez.

Desde o Concello da Laracha agradecemos á veciñanza a súa implicación nesta novidosa iniciativa que permitiu que as persoas empadroadas no municipio fosen partícipes cos seus votos na toma de decisións nesta cuestión que é de competencia municipal.