Concello
UNICEF premia ao Programa Harmoniza da Laracha no 9º certame de boas prácticas en dereitos da infantil e política municipal
26/10/2018
O Comité Español de UNICEF (Fondo das Nacións Unidas para a Infancia) vén de emitir o seu fallo do IX Certame de Boas Prácticas en Dereitos da Infancia e Política Municipal, convocados co obxectivo de valorar os proxectos e accións que se levan a cabo centradas na Convención dos Dereitos dos Nenos, dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia e co obxecto de servir de modelo par que outros municipios poidan coñecelos e adaptalos a súa propia realidade.
Dos vinte e cinco proxecto recoñecidos en todo o ámbito nacional, soamente dous son galegos e un deles é o presentado polo Concello da Laracha. Trátase do Programa Harmoniza a través do que se prestan os servizos municipais da aula lúdica (desde o ano 2006) e de madrugadores (desde o ano pasado).
O Concello da Laracha presentou a candidatura dentro da categoría de “Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia” dado que o Programa Harmoniza:
- Ten un impacto demostrable e tanxible na mellora das condicións de vida da infancia.
- É un programa replicable noutros municipios.
- Ten en conta a participación infantil ao promover un espazo con mecanismos que garanten a participacion de nenos e nenas.
O Concello da Laracha ten en funcionamento a aula lúdica municipal cos obxectivos fundamentais de facilitar a conciliación e fomentar e promover o ocio e o tempo libre dos nenos fóra do horario escolar e nos períodos vacacionais en igualdade de oportunidades. Faise por medio dun servizo atendido por persoal especializado que favorece a participación dos rapaces en actividades comunitarias de carácter socio-educativo a través da súa implicación no desenvolvemento e valoración de actividades encamiñadas a ese fin. Todas as actividades que se desenvolven están consensuadas e coordinadas dende a Concelleria de Servicios sociales, Sanidad, Mujer y Empleo Laracha, o que permite tratar cuestións como a sensibilización sobre igualdade de xénero e corresponsabilidade, a diversidade e a non discriminación.
A cerimonia de entrega destes recoñecementos de UNICEF terá lugar o 27 de novembro en Oviedo. Desde o Concello da Laracha unha vez máis mostramos o noso orgulloso porque una entidade como UNICEF mostre deste xeito o seu respaldo e impulso aos proxectos municipais que estamos a desenvolver no apoio á conciliación das familias e na cooperación na educación dos nenos en corresponsabilidade, igualdade de oportunidades e rexeitamento de calquera tipo de violencia.