• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello acomete unha ampla actuación de mantemento no paseo fluvial do río Anllóns

21/09/2018

O paseo fluvial do río Anllóns é unha das zonas de maior riqueza natural e paisaxística do termo municipal da Laracha. Especialmente durante a primavera e o verán, este lugar é moi transitado tanto por veciños como por visitantes para disfrutar do entorno no que se sitúa como, tamén, para practicar exercicio, xa que o seu percorrido supera os dous quilómetros e medio de distancia entre a área recreativa de Gabenlle e O Formigueiro.

Desde hai varios días as brigadas medioambientais do Concello da Laracha están a acometer unha ampla actuación de mantemento no paseo fluvial do río Anllóns que contempla a limpeza da pasarela de madeira con auga a presión e a aplicación de lasur, un produto especialmente indicado para o tratamento da madeira en exteriores polo seu efecto antideslizante e por favorecer a súa conservación.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, desprazáronse ata un dos extremos do paseo fluvial, en O Formigueiro (parroquia de Vilaño), onde os traballadores municipais comezaron a desenvolver as actuacións previstas.

Desde xeito o Concello da Laracha non so renovará a estética da pasarela do paseo fluvial, tamén mellorará a seguridade en beneficio dos usuarios desta infraestrutura de titularidade municipal.