• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O izado da Bandeira Azul simboliza o inicio da temporada de baño en Caión

16/06/2018

A temporada de baño na praia de Caión comezou hoxe co izado da Bandeira Azul que ondeará no areal durante todo o verán. Participaron no acto o alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, a presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, e membros do equipo de salvamento e socorrismo da praia de Caión.

Ademais da Bandeira Azul na praia de Caión, o Concello da Laracha tamén conta cun Sendeiro Azul (Sendeiro de Saldoiro) e, por primeira vez neste ano, cun Centro Azul de educación ambiental (Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar).