• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

OS NOVOS ORZAMENTOS XERAIS MUNICIPAIS XA ESTÁN OPERATIVOS

16/02/2016

O Concello da Laracha comezou o martes 16 de febreiro a operar cos novos orzamentos xerais municipais do exercicio económico 2016 despois de que no día anterior fose publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a aprobación definitiva dos mesmos, ademais do límite de gasto non financeiro e do cadro de persoal.   

Previamente as contas foran aprobadas con carácter inicial polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o pasado 30 de decembro e, a continuación, superárase o período de exposición pública sen terse presentada ningunha alegación.   

Os presupostos son os máis altos da historia do Concello da Laracha ao alcanzar os 7.901.340,75 euros de previsión de ingresos, cun incremento dun doce por cento con respecto ao exercicio anterior. Os gastos sitúanse nos 7.720.424,67 euros, presentando por tanto un superávit inicial duns 181.000 euros.   

Estes orzamentos contemplan liñas prioritarias para o Concello da Laracha: a blindaxe dos servizos sociais (816.000 euros), o esforzo investidor (1.821.227,49 euros), o apoio ao asociacionismo (356.900 euros), a creación de emprego (está prevista a contratación de dous auxiliares administrativos por un período de tres anos e de tres auxiliares de Policía Local durante seis meses) e a conxelación de impostos e taxas municipais (IBI, vehículos, recollida de residuos sólidos urbanos, etc.), manténdose nos tipos mínimos que permite a lei. 

Tamén no BOP foi publicada a aprobación con carácter definitivo da modificación da relación de postos de traballo (RPT) para incorporar á mesma a praza de animador/a cultural.

Compartir: