• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organiza unha excursión a Cantabria e Bilbao para a terceira idade

07/02/2018

O Concello da Laracha organiza a excursión “Cantabria Infinita” que se vai realizar do 2 ao 7 de abril e na que se convidará a formar parte aos veciños do municipio xubilados e pensionistas maiores de 60 anos de idade.

A iniciativa consiste nunha viaxe en autobús, que partirá desde A Laracha e percorrerá localidades como Bilbao, Laredo, Santillana del Mar, Potes, Comillas, Santander e Castro Urdiales, entre outros lugares.

O programa contempla visitas turísticas e culturais ao Museo de Altamira, Monasterio de Santo Toribio de Liébana, Cueva de Pozalagua e unha fábrica de sobaos pasiegos situada no val do río Pas.

As persoas que cumpran os requisitos e desexen realizar a excursión deben inscribirse dirixíndose ao departamento de Servizos Sociais, situado no edificio administrativo da Laracha. O prezo por persoa é de 240 euros, que inclúe cinco noites de hotel en habitación dobre e réxime de pensión completa (almorzo, comida e cea), guía en todas as visitas e seguro de viaxe. O Concello da Laracha subvencionará integramente o custe do transporte en autobús.