Concello
Agrícola Castiñeira, primeiro premio do concurso de escaparates de Nadal
28/12/2017
O xurado do concurso de escaparates de Nadal visitou esta tarde todos os establecementos participantes e fallou os cinco premios, que suman en total 800 euros.
Ese xurado estivo formado polas concelleiras Patricia Bello e Rocío López, as traballadoras do Concello Belén Cabeza e Marta Caamaño, e a presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL), Concha Iglesias.
Os premios son os seguintes:
- 1º premio (300 euros): Agrícola Castiñeira (Avenida Doutor López Astray. A Laracha).
- 2º premio (200 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra. A Laracha).
- 3º premio (150 euros): Repostería creativa Canela y Pimienta (Rúa José Manuel Ferreira Penedo. A Laracha).
- 4º premio (100 euros): Floristería e regalos Casbo (Avenida Bergantiños. Paiosaco).
- 5º premio (50 euros): Clínica Veterinaria Xarope (Rúa Santa Lucía. A Laracha).