Concello
Outorgados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal
14/12/2017
Os membros do xurado dos concursos de Nadal de postais e de conto convocados polo Concello da Laracha reuníronse esta mañá na biblioteca municipal da Laracha, onde valoraron os máis de trescentos traballos presentados entre ambos certames polos alumnos de todos os centros de educación infantil e primaria que existen no municipio. Dito xurado estivo formado pola concelleira de servizos sociais -Rocío López-, a responsable da biblioteca municipal da Laracha, a animadora cultural e representantes dos colexios CEIP Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión.
Ao concurso de postais presentáronse tanto traballos individuais como colectivos, nestes últimos casos realizados conxuntamente polos alumnos das aulas de educación infantil. Houbo tres categorías de premios diferenciadas por grupos de idade.
O concurso de contos mostrou a imaxinación e facilidade para a escritura dos participantes a título individual, tal e como establecían as bases do certame. Foi dirixido a alumnos do terceiro ciclo (5º e 6º) de educación primaria.
Os catorce premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (22 de decembro) a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.
Premiados no Concurso de Postais
Categoría A (educación infantil)
- Educación infantil do CEIP de Caión.
- Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aula de 5º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aula de 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aulas de 6º do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)
- Daniela García García (2º de primaria do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
- Yaiza Regueira Cotelo (1º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
- Iker Durán Lema (2º de primaria do CEIP de Caión).
Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)
- Ramón Muñiz Vázquez (4º do CEIP de Caión).
- Candela Sueiro Orosa (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
- Víctor Montes Sueiro (3ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)
- Yaiza Buño Fuentes (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco) por Una Navidad planetaria.
- Paula Villasenín Loureiro (6ºD de primaria do CEIP Otero Pedrayo da Laracha) por Una Navidad asombrosa.
- Iker Rodríguez Vecino (5º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por La Nochebuena de mi vida.