Concello
As escolas municipais de fútbol sala e a agrupación deportiva Un Paso Máis mantiveron un encontro na Laracha
05/12/2017
As escolas municipais de fútbol sala da Laracha e a escola de fútbol da Agrupación Deportivo Un Paso Máis –con sede no concello de Carballo- disputaron unha serie de encontros amigables durante a semana pasada nas instalacións do pavillón polideportivo do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
A iniciativa, na que o resultado dos partidos foi o menos importante, tivo unha dobre finalidade para os rapaces: divertirse practicando esta modalidade deportiva e manter un contacto con nenos da súa mesma idade para favorecer as relacións sociais entre eles e coñecer o importarte labor que desenvolve Un Paso Máis.
Este encontro entre ambas entidades foi o primeiro e terá continuidade nos próximos meses, estando previsto organizar novos partidos amigables tanto en Carballo como na Laracha.
Nas escolas municipais de fútbol sala da Laracha participan vinte e oito nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos. Os adestramentos son os martes e os venres de 16:00 a 17:00 horas.