• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O CONCELLO ACOLLE TRES CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE PRODUTOS FITOSANITARIOS

11/03/2016

O Concello da Laracha acollerá a próxima semana tres charlas informativas referentes ao emprego e aplicación de produtos fitosanitarios que impartirá Francisco Otero, enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.   

No encontro falarase de temas tan relevantes e actuais como a normativa vixente e informarase sobre os diferentes tratamentos: insecticidas, herbicidas, funxicidas, etc.   

A iniciativa vai dirixida á veciñanza en xeral. A participación é gratuíta e non se require de inscrición previa.

A relación de datas, horarios e lugares nos que se realizarán os encontros é a seguinte:

PAIOSACO: CENTRO SOCIOCULTURAL. Martes 15 Marzo, 10:30 h (veciños de Coiro Erboedo Lestón e Soandres).

A LARACHA: CASA DA CULTURA. Martes 15 Marzo, 12:00 h (veciños de Cabovilaño, Caión, Lemaio, Lendo, Soutullo, Torás e Vilaño).

MONTEMAIOR:   HOSPITAL DOS PEREGRINOS (STA. MARGARIDA). Mércores 16 Marzo, 11:00 h (veciños de Golmar e Montemaior).

Por outra banda, o Concello da Laracha tamén acollerá en próximas datas un curso para a obtención do carné de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios, neste caso dirixido exclusivamente a profesionais que sexan titulares de explotacións agrarias ou gandeiras ou solicitantes da PAC. Tamén poderán realizalo vendedores ambulantes. A preinscrición debe formalizarse acudindo ao Concello da Laracha.

Compartir: