• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

AFABER informará sobre o alzheimer no centro médico da Laracha o martes 19 de setembro

15/09/2017

O xoves da próxima semana (21 de setembro) será o Día Mundial do Alzheimer. En torno a esa data, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (AFABER) desenvolverá unha serie de iniciativas de concienciación e sensibilización sobre a enfermidade, realizándose unha delas no Concello da Laracha.

O martes (19 de setembro) en horario de 10:30 a 13:00 horas unha mesa informativa de AFABER estará situada na recepción do centro médico da Laracha. O persoal de entidade repartirá trípticos e atenderá consultas e dúbidas da poboación larachesa sobre o alzheimer e outras demencias.

Ao longo dos últimos anos, e sempre coa colaboración de AFABER, no Concello da Laracha leváronse a cabo iniciativas dirixidas tanto a enfermos de alzheimer como aos seus coidadores, que na maioría dos casos son os seus propios familiares.

A Laracha temén conta co certificado de “Concello declarado solidario con alzheimer” outorgado pola propia entidade bergantiñana.