• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Deportes

Éxito de participación na décima edición do campus de fútbol municipal

17/07/2017

As actividades culturais e deportivas de verán que organiza o Concello da Laracha están a ter rotundos éxitos de participación desde que comezou a desenvolverse o programa a primeiros do presente mes de xullo cos campamentos de Caión e tamén a primeira quenda do campamento urbano da Laracha.

Hoxe comezou a décima edición do campus de fútbol, que se desenvolverá en horario de mañá (10:00 a 13:00 horas) ata o sábado nas instalacións do Campo Municipal da Laracha (5 a 10 anos de idade) e do Campo Municipal A Porta Santa de Paiosaco (11 a 16 anos).

En total cóntase coa participación dun centenar de rapaces entre as dúas quendas, que non tiveron que facer desembolso algún xa que o Concello da Laracha asume integramente os gastos da actividade. Todos eles están a realizar, baixo a supervisión de técnicos e monitores, diferentes exercicios lúdico-deportivos sempre coa práctica do fútbol como marco referente. Ademais de divertirse, os participantes poden mellorar as súas calidades físicas, técnicas e tácticas.

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha e Patricia Bello, concelleira de Deportes, visitaron hoxe aos participantes deste campus de fútbol, unha das propostas con mellor acollida entre todas as que compoñen o programa municipal de actividades de verán.