• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello desenvolverá nas bibliotecas actividades infantís de diversas temáticas

10/06/2017

O Concello da Laracha desenvolverá do luns ao venres da próxima semana o programa Tardes de diversión, que incluirá diversas actividades infantís que se levarán a cabo nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

A iniciativa ten por finalidade ofrecer unha alternativa divertida e educativa aos nenos ao mesmo tempo que favorecerá a conciliación persoal, laboral e familiar dos seus pais, xa que a actividade se desenvolverá en todos os casos de 18:00 a 19:00 horas.

Tardes de diversión consta de cinco propostas, a realizar nas seguintes datas e lugares:

  • Luns 12 de xuño: Obradoiro Aire na biblioteca da Laracha.
  • Martes 13 de xuño: Contacontos Auga na biblioteca de Paiosaco.
  • Mércores 14 de xuño: Contacontos Auga na biblioteca da Laracha.
  • Xoves 15 de xuño: Obradoiro Aire e auga na biblioteca de Caión.
  • Venres 16 de xuño: Obradoiro Aire na biblioteca de Paiosaco.

Non se require inscrición previa para poder asistir a calquera destas propostas infantís e a participación é gratuíta.