• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Deportes

Recepción oficial no Concello á U.D. Paiosaco

31/05/2017

O alcalde recibiu no Concello á U.D. Paiosaco despois de alzarse coa Copa da Coruña, a terceira na historia da entidade.

Ante o equipo directivo, corpo técnico e plantel de xogadores, José Manuel López Varela felicitounos pola exitosa temporada, na que tamén remataron nun meritorio 5º posto na Preferente Norte.

O rexedor municipal tamén quixo valorar o labor que está a facer a entidade coa base, contando actualmente con 260 fichas nos 15 equipos cos que conta e nos que participan rapaces de ata 19 anos de idade (1 de biberóns, 3 de prebenxamíns, 3 de benxamíns, 3 de alevíns, 2 de infantís, 2 de cadetes e 1 de xuvenís). A cifra é chamativa tendo en conta que na parroquia de Lestón residen 204 veciños desas idades, o que indica que moitos dos xogadores son captados doutras zonas do municipio e doutros concellos próximos.

O equipo xuvenil da U.D. Paiosaco disputará este sábado (18:15, A Porta Santa) a final da Copa das Mariñas ante o Atlético Perillo.