Concello
O Concello solicita a participación na convocatoria de Vicepresidencia para ampliar o equipamento de emerxencias
01/06/2017
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe o principal acordo foi solicitar a participación do Concello da Laracha na convocatoria de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a adxudicación de equipamentos de emerxencias (DOG número 97 do 23 de maio de 2017).
Este programa vai dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O material solicitado polo Concello da Laracha, e no caso de que fose concedido, sería posto a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil co propósito de mellorar a eficacia das súas actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencia.
Na Xunta de Goberno Local tamén foron concedidas dúas licencias urbanísticas solicitadas por particulares.