• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

AS OBRAS DE MELLORA DAS ESTRADAS DE ACCESO Á GANDARÁ E A PONTE MARTÍN COMEZARÁN NOS PRÓXIMOS DÍAS

21/04/2017

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Marcos Vázquez, representante de Construcciones Canarga, S.L., asinaron hoxe o contrato da obra de afirmado e mellora da capa de rodadura de camiños rurais na parroquia de Torás.

O proxecto, que está valorado en máis de 100.000 euros, inclúe tres actuacións diferenciadas. A máis ampla afecta á vía que comunica a estrada provincial DP-1913 con A Ponte Martín, estrada de case un quilómetro de lonxitude e oito metros de anchura á que se vai dotar cun novo pavimento, de aglomerado asfáltico en quente, para unha maior comodidade na circulación dos vehículos.

Por outra banda, acometerase a mellora da capa de rodadura nas dúas estradas de acceso ao núcleo de A Gándara desde a estrada comarcal AC-552. Ambos ramais teñen unha distancia próxima aos 250 metros cada un. 

Nas tres actuacións a renovación do pavimento completarase coa correspondente sinalización vertical e horizontal.

Unha vez estea completada toda a tramitación administrativa, e sempre e cando as condicións climatolóxicas así o permitan, a empresa contratista ten previsto iniciar a execución das obras en apenas dez días, na primeira semana do mes de maio.