Concello
O acendido da iluminación do Nadal aprázase ao venres 12 de decembro
03/12/2025
O acto de acendido da iluminación do Nadal, programado inicialmente para este venres, aprázase ao venres da semana que vén, día 12 de decembro, no mesmo horario (18:30 h).
O Concello tomou esta decisión ante o anuncio de MeteoGalicia, que prevé intensas chuvias tanto para a xornada deste venres como para toda fin de semana.
Desde o Concello agárdase que o venres seguinte a climatoloxía sexa máis favorable para poder desfrutar en mellores condicións dun evento que, polas súas especiais características, ten que celebrarse necesariamente ao aire libre.

