Concello
Campaña informativa e de sensibilización sobre o emprego do contedor marrón de orgánicos
28/10/2025
O Concello iniciou hoxe unha nova campaña informativa e de sensibilización sobre o emprego do contedor marrón de orgánicos que está implantado nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de San Román.
Aproveita a ocasión para aclarar todas as túas dúbidas no posto informativo que estará pola mañá ata as 13:30 h xunto ao Centro de Saúde da Laracha, e pola tarde de 15:30 a 18:30 h na Praza do Concello. En próximas datas realizaranse accións a pé de rúa noutras localizacións do municipio.
A inicativa é cofinanciada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ao abeiro do programa de axudas para actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas con fondos da Unión Europea-Next Generation.


