• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

AS ENTRADAS PARA A FESTA-HOMENAXE AOS NOSOS MAIORES ESTÁN Á VENDA NOS CENTROS SOCIAIS

15/04/2017

O Concello da Laracha organiza un ano máis a tradicional Festa-Homenaxe aos nosos maiores, un evento que se celebrará o sábado 20 de maio e que estará incluído no programa de actividades para festexar as Letras Galegas e o San Isidro Labrador.

Tal e como é habitual, a Festa-Homenaxe desenvolverase no pavillón do IES Agra de Leborís. A partir das 13:00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

Para poder participar no evento é preciso adquirir previamente as entradas, que están á venda nos centros sociais da Laracha (edificio de servizos múltiples), Paiosaco (centro sociocultural) e Caión (antiga reitoral) ao prezo de dez euros. Poderán mercalas, presentando o seu carné de identidade, todos os veciños do Concello que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas. 

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento co propósito de facer un homenaxe á terceira idade ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.