• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A LARACHA ACOLLERÁ UN CURSO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES DURANTE O MES DE MAIO

11/04/2017

O Club Amigos del Judo da Laracha, coa colaboración do Concello, organiza o curso de defensa persoal para mulleres que terá lugar nas instalacións do CEIP Ramón Otero Pedrayo os sábados de maio (días 6, 13, 20 e 27) en horario de 18:00 a 20:00 horas.

O programa está dividido en catro sesións de dúas horas de duración cada unha. Na primeira exporanse as técnicas básicas de desprazamentos, gardas, golpe o defensa e ataque. Na segunda trataranse as sueltas, incluíndo o uso de arma branca en lexítima defensa. O terceiro día veranse as técnicas de loita en solo para reaccionar ante posibles situacións de agresión sexual. Para rematar, as participantes serán formadas no uso de armas de fortuna. Toda a temática será impartida por instrutores pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A iniciativa vai dirixida a mulleres maiores de quince anos de idade. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, situado no novo edificio administrativo.