• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO E A CONFRARÍA DE PESCADORES RENOVAN O CONVENIO DE COLABORACIÓN

04/04/2017

José Ramón Martínez Barbeito, tenente alcalde da Laracha, e José Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión, rubricaron hoxe o convenio de colaboración para o ano actual entre o Concello e a Confraría de Pescadores da localidade costeira, que é unha renovación nos mesmos termos que establecía o que estivo en vigor no pasado exercicio. O acto desenvolveuse nas instalacións do propio pósito de pescadores.

O acordo establece que o Concello da Laracha concede unha subvención nominativa de 5.000 euros, xa contemplada nos orzamentos municipais, dirixida a sufragar os custos do funcionamento e mantemento (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do Arquivo da Pesca, museo que é propiedade da Confraría de Pescadores.

O horario de apertura actualmente é os domingos de 17:00 a 19:30 horas. Durante o verán a instalación abre ao público os sábados de 12:00 a 14:00 horas e os domingos de 19:00 a 21:00 horas, existindo tamén a posibilidade de concertar visitas guiadas de grupos en calquera día. A entrada ao museo é gratuíta.