• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As xornadas formativas para familias dende o servizo de atención temperá regresan no mes de maio

14/04/2025

O Concello porá en marcha ao longo do mes de maio a segunda edición das Xornadas dende o servizo de atención temperá dirixidas a familias con fillos de entre 0 e 6 anos de idade.

Nas catro sesións previstas abordaranse cuestións relacionadas co coidado e a educación dos nenos, con estas datas e temáticas:

  • 8 de maio (16:30 a 18:30 h): Primeiros auxilios pediátricos, impartida pola Cruz Vermella.
  • 15 de maio (17:00 a 18:30 h): Manexo de rabietas, a cargo de María Cal, psicóloga de atención temperá.
  • 22 de maio (17:00 a 18:30 h): Desenvolvemento infantil e signos de alarma, con Lorena Vilouta e Tamara Carro, logopeda e terapeuta ocupacional de atención temperá.
  • 29 de maio (17:00 a 18:30 h): Xogo na infancia, impartida por Javier González, fisioterapeuta de atención temperá.

Aquelas persoas que desexen asistir deben anotarse previamente de xeito gratuíto cubrindo en liña este FORMULARIO, ou ben poñéndose en contacto cos responsables do servizo de atención temperá a través do teléfono 981642663 ou presencialmente nas instalacións do Edificio de Servizos Múltiples da Laracha (Avenida Doutor López Astray, 20), precisamente o lugar no que se van impartir as xornadas. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.

O Concello organiza este programa de xornadas formativas para familias dende o servizo de atención temperá en colaboración coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e co financiamento da Unión Europea.

 

Xornadas para as familias desde o servizo de atención temperá