• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello renova o parque biosaudable de Caión

13/04/2025

O Concello vén de completar a renovación do pavimento e dos aparellos do parque biosaudable de Caión que está dispoñible para o uso por parte da cidadanía no paseo marítimo á altura da zona da Insua.

Deste xeito o Concello aposta por continuar ofrecendo aos veciños novas posibilidades de ocio que, ao mesmo tempo, fomentan a realización de actividades físicas e, por tanto, son beneficiosas para a saúde dos usuarios.

Os obxectivos fundamentais dos circuítos biosaudables son influír positivamente sobre as persoas maiores para conseguir cambios efectivos nos seus hábitos de vida, evitar o deterioro psicomotor coa práctica de actividade física e, entre outros, ampliar a oferta de equipamentos deportivos que existe no termo municipal.

No concello da Laracha existen cinco parque biosaudables. Ademais do de Caión, hai outros equipamentos de similares características na área recreativa de Gabenlle, no parque Maximino Canedo da Laracha, na zona da Porta Santa de Paiosaco e na área deportiva xunto á urbanización Monte Claro de Cabovilaño.