• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Laracha acollerá un obradoiro de benestar emocional en familia da rede Quérote+

05/03/2025

Os centros Quérote+ son un servicio da Xunta de Galicia de atención á xuventude, as súas familias e a profesionais que traballan no ámbito xuvenil nas temáticas referidas á sexualidade, LGTBI+, benestar emocional, promoción da igualdade e o bo trato, e prevención da violencia de xénero.

O vindeiro día 13 de marzo A Laracha acollerá o obradoiro Benestar emocional en familia que impartirá Quérote+ e que vai dirixido a familias con menores de calquera idade.

O obradoiro pretende crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente ao desenvolvemento dos fillos e a xerar un ambiente de harmonía nos fogares. Fomentarase a comunicación positiva entre todos os integrantes da familia, ademais de traballar aspectos que dirixan ao bo trato, promovan os autocoidados e permitan coñecer os recursos públicos de apoio que teñen á súa disposición.

A xornada desenvolverase na Casa da Cultura en horario de 17:30 a 19:00 h. Para poder participar requírese inscrición previa chamando ao 981612811 ou acudindo ao Edificio Administrativo da Laracha (departamento de Servizos Sociais).