• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

Xa hai gañadores de todas as categorías dos concursos de escaparates e de fachadas, balcóns e xardíns

03/01/2025

Xa temos gañadores da 29ª edición do Concurso de Escaparates e da 2ª edición do Certame de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares que convocou o Concello coa finalidade de premiar os mellor decorados con motivos propios das datas do Nadal.

En ambos casos houbo dúas categorías de premios: unha delas decidida polo xurado nomeado polo Concello e, a outra, a da votación en Facebook, que estivo aberta desde o 26 de decembro e ata as 12:00 horas do día de hoxe.

29º Concurso de Escaparates

Repártense un total de 1.800 euros en premios. En Facebook rexistráronse 1.971 votos válidos.

Valoracións do xurado:

  • 1º premio (500 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco).
  • 2º premio (400 euros): Troula Kids (Rúa Rosalía de Castro, A Laracha).
  • 3º premio (300 euros): Florería Lilos (Rúa Santa Lucía, 65. A Laracha).
  • 4º premio (200 euros): Floristería Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
  • 5º premio (100 euros): Foto Manolo (Avenida Fisterra, 4. A Laracha).

Votacións en Facebook:

  1. 1º premio (150 euros): RP Barber (Rúa Médico David Mallo Gómez, 8. A Laracha), con 386 votos.
  2. 2º premio (100 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco), con 251 votos.
  3. 3º premio (50 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha), con 208 votos.

 

2º Concurso de Fachadas, Balcóns e Xardíns particulares:

Repártense en total 1.200 euros en premios. En Facebook rexistráronse 2.458 votos válidos.

Valoracións do xurado:

  • 1º premio (400 euros): Maribel Aller Corral (Vilaño).
  • 2º premio (300 euros): María Martínez Sennin (Montemaior).
  • 3º premio (200 euros): Rosario Souto Fernández (A Laracha).

Votacións en Facebook:

  • 1º premio (150 euros): Estrella Calviño Rebón (Soandres), con 522 votos.
  • 2º premio (100 euros): Rosario Souto Fernández (A Laracha), con 461 votos.
  • 3º premio (50 euros): Laura García Bestilleiro (Montemaior), con 413 votos.