Concello
A Cabalgata dos Reis Magos será un percorrido de dous días polas trece parroquias da Laracha
26/12/2024
Os Reis Magos volverán percorrer as trece parroquias do Concello na cabalgata de dous días que se vai realizar o 4 e o 5 de xaneiro.
Todos os nenos empadroados e maiores de dez anos de idade que desexen acompañar como paxes a Melchor, Gaspar e Baltasar, poden anotarse ata as 12:00 horas do día 2 de xaneiro. Para iso deberán acudir ao Concello ou cubrie en liña este FORMULARIO.
No momento da preinscrición é preciso escoller unha das dúas quendas, ben a do día 4 (percorrido polas parroquias de Torás, Coiro, Soutullo, Golmar, Montemaior, Soandres e Erboedo) ou a do día 5 (Vilaño, Cabovilaño, Lemaio, Torás, Lendo, Caión e Lestón).
No caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas dispoñibles, para outorgalas realizaríase un sorteo público o xoves 2 de xaneiro ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.