Concello
Alimentos e produtos de hixiene persoal doados pola veciñanza larachesa chegaron hoxe a Valencia
26/11/2024
No día de hoxe sete palés de alimentos e produtos de hixiene persoal procedentes da Laracha foron entregados en Alberic, un dos municipios valencianos afectados pola DINA, en coordinación coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (Fevmp).
A Fundación Mencer, que tamén achegou palés de auga, foi a encargada de transportar os produtos doados pola veciñanza larachesa durante a campaña municipal de recollida que se desenvolveu na primeira semana deste mes de novembro.
O Concello agradece a solidariedade da cidadanía larachesa e lembra a aquelas persoas que desexen colaborar que, seguindo instrucións da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), prioricen as doazóns económicas ás organizacións que están traballando nas zonas afectadas.