• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A LARACHA ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE A AVESPA VELUTINA DIRIXIDA A TODOS OS PÚBLICOS

13/03/2017

O Concello da Laracha organiza a charla informativa sobre a avespa asiática (vespa velutina) que este xoves (día 16 de marzo) impartirá na Casa da Cultura a partir das 20:00 horas Lolo Andrade, experto, investigador e técnico en insectos.

A iniciativa é aberta a todos os públicos que desexen participar e aclarar todas as súas dúbidas sobre esta especie invasora que durante os últimos anos se está deixando notar en diferentes puntos do termo municipal.

Entre os contidoss da charla cabe salientar a explicación de que é a avespa velutina e o seu ciclo vida, a maneira de actuar máis axeitada cando unha persoa detecte un niño e tamén como deben realizarse os primeiros auxilios en caso dunha picadura, especialmente con persoas alérxicas.

Ademais, haberá unha sección dedicada aos apicultores, tratando as formas máis axeitadas para actuar contra estes insectos.

A participación será gratuíta para o público asistente e non se requirirá inscrición previa.