• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A 11ª xornada micolóxica “As setas da Laracha” celebrarase o 16 de novembro

03/11/2024

En cada outono desde hai máis dunha década o Concello organiza a xornada As setas da Laracha para iniciar aos participantes na micoloxía e animalos a coñecer moitos dos tipos e variedades de setas, fungos e cogomelos que se dan na Laracha nesta época.

A undécima edición deste evento celebrarase o sábado 16 de novembro, o que pon de manifesto o interese que esperta entre a veciñanza larachesa e tamén en persoas doutros municipios próximos.

Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, a xornada principiará ás 10:00 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 12:30 h regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes. Farase da man de Raquel Poncini e de Pablo Cuadrado.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha abre mañá luns. Apuntarse é gratuíto e debe facerse cubrindo este FORMULARIO ou chamando ao 981604324 ou enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal.