• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello adxudica 75.000 euros en axudas municipais á escolarización

30/10/2024

Na sesión da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse adxudicar as axudas municipais á escolarización a proposta da Comisión de Valoración, que durante as últimas semanas avaliou e cualificou a totalidade das solicitudes presentadas.

A lista de bolseiros está dispoñible ao final desta nova, onde tamén pode descargarse o documento para xustificar a axuda. O prazo para facelo remata o 30 de novembro.

A convocatoria deste ano está dotada cun total 75.000 euros que o Concello destina a cooperar cos 357 beneficiarios e as súas familias ante os gastos que implica o inicio do curso escolar.

A contía das axudas é de 165 euros (80 becas) para os beneficiarios das bolsas de estudos que sexan estudantes de educación infantil, 150 euros (204 becas) para os de educación primaria, secundaria obrigatoria e programas de garantía social, 225 euros (40 becas) para os estudantes de bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior, 350 euros (20 becas) para aqueles alumnos que presenten necesidades educativas especiais e 400 euros (38 becas) para os que cursen estudos universitarios (grao medio, superior e máster).

Cabe lembrar que estas axudas municipais son compatibles con calquera convocatoria de bolsas de estudos realizada por outra administración ou institución.

Documentos

Lista beneficiarios

Impreso xustificación en galego

Impreso justificación en castellano