Concello
Actualización sobre o corte do subministro de auga en Caión
18/10/2024
O servizo de abastecemento xa foi restablecido en toda a parroquia a excepción da Avenida Méndez Núñez, o lugar no que se produciu a avaría na rede de auga. Viaqua comunicou ao Concello que ao longo de día de hoxe se prevé que quede reparada e recuperada a total normalidade no subministro.
Esta incidencia podería levar consigo episodios puntuais de turbidez da auga nalgunhas zonas da traída en Caión durante os próximos días, pero seguirá sendo apta para o seu consumo.
Non obstante, o camión cisterna estará a disposición da cidadanía durante o día de hoxe na Praza Eduardo Vila Fano para ofrecer subministro de auga potable as veciñas e veciños que o precisen.