Concello
Viaqua informa ao Concello dunha avaría no depósito de auga de Caión que deixou sen subministro á localidade
18/10/2024
A empresa concesionaria do servizo municipal do ciclo integral da auga, Viaqua, comunicou ao Concello que por causa dunha avaría produciuse o baleirado do depósito que dá subministro á localidade de Caión, o que está a provocar a actual falta de servizo que se está a sufrir nesa parroquia.
O subministro permanecerá cortado mentres se realizan as accións oportunas para localizar a avaría e proceder á súa reparación.
Durante ese proceso, foi solicitada a presenza dun camión cisterna de auga potable que estará a disposición da cidadanía a partir das 15:00 horas na Praza Eduardo Vila Fano.