• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Oito efectivos compoñen a cuadrilla de limpeza de praias que actuará durante o verán en Caión

03/07/2024

A chegada da época do verán implica a necesidade de poñer en marcha ou reforzar determinados servizos municipais por cuestións de seguridade cidadá, mantemento en bo estado de zonas verdes e dos espazos públicos en xeral, prevención de incendios e atención aos turistas e visitantes. Cada ano por estas datas o Concello da Laracha convértese nun importante xerador de emprego, contratando persoal para prestar servizos de interese xeral durante os próximos meses.

Ao abeiro do programa de axudas da Deputación da Coruña dirixidas á contratación de persoal para a limpeza de praias marítimas, o Concello vén de incorporar oito efectivos (seis peóns e dous capataces) que prestarán ese servizo no areal de Caión ata o remate da temporada de baño.

Persoal limpeza praias Caión