Concello
A auditoría de abastecemento municipal conclúe que o rendemento hidráulico en 2023 foi do 80,24 %
30/09/2024
O rendemento hidráulico da rede de abastecemento de auga do Concello da Laracha no ano 2023 foi dun 80,24 %. Esa é a conclusión da auditoría realizada co obxectivo de recoller a información necesaria para avanzar cara unha maior eficacia e eficiencia na prestación do servizo.
Os traballos consistiron na revisión completa das instalacións, redes, contadores, depósitos e estacións de tratamento de auga potable. Tamén contemplou a redacción dun plan de actuacións dirixido a identificar posibles puntos débiles ou de fugas na rede para minimizar as perdas de auga.
O orzamento total da auditoría alcanzou os 11.500 euros, dos cales Augas de Galicia financia o 80 %, correspondendo ao Concello asumir con fondos municipais o 20 % restante.