Concello
A Laracha e Arteixo presentarán recursos de alzada contra o parque eólico Carboeiro
04/09/2024
Os alcaldes da Laracha e de Arteixo, José Manuel López Varela e Carlos Calvelo, acompañados por técnicos municipais de ambos municipios, mantiveron unha reunión hoxe na Casa do Concello da Laracha para analizar, estudar e consensuar as medidas que se tomarán para evitar que se continúe a tramitación administrativa do parque eólico Carboeiro.
Ambos Concellos presentarán sendos recursos de alzada, nos mesmos termos, contra a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático -publicada no DOG o pasado 28 de agosto- pola que se outorga a autorización administrativa para a construción das instalacións relativas ao citado proxecto.
No caso de que non prosperase dito recurso de alzada no sentido que solicitan ambas administracións locais, valorarase interpoñer un recurso contencioso-administrativo
No caso do Concello da Laracha, o parque eólico Carboeiro prevé a instalación de aeroxeneradores na zona alta da parroquia de Erboedo, sendo os núcleos de poboación máis próximos os da Portela e Vilarmaior. O Concello xa presentara alegacións durante o período de exposición pública.