• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Punto de Información Catastral

19/05/2023

A disposición da cidadanía na Casa do Concello (Praza do Concello, s/n, A Laracha) os xoves de 9:00 a 14:00 horas.

Ofrece á veciñanza a posibilidade de obter documentos oficiais xerados desde o Concello e que conterán a súa data da expedición e un código electrónico que posibilitará comprobar a súa integridade e autenticidade, gozando de plena validez e eficacia.

Deste xeito, no propio Concello pódense obter certificacións e consultas sobre datos catastrais non só literais ou alfanuméricos, senón tamén cartográficas, evitando así desprazamentos ás oficinas da Xerencia do Catastro na Coruña para realizar ditos trámites.