Concello
Concello e Agader cofinanciarán o proxecto de mellora da rede viaria nas parroquias de Soutullo e Golmar
30/03/2023
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse incluír o proxecto de mellora da estrada que comunica As Orxeiras (parroquia de Golmar) con A Xesta (Soutullo) no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2023-2024 impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
A actuación proxectada afecta a unha lonxitude lineal de 1,2 quilómetros da vía, que presenta unha anchura de 6,8 metros e tamén dá acceso a outros núcleos de poboación como San Pantaión, A Rocha, O Vilar e O Seixoso.
As obras previstas consisten na renovación da superficie de rodadura, a mellora da drenaxe e o reforzamento da seguridade viaria a través da sinalización horizontal e vertical.
O orzamento do proxecto sitúase en torno aos 96.000 euros, dos cales Agader achegará 78.909,02, corresponde financiar ao Concello a cantidade restante.