• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Dúas brigadas municipais, formadas por un total de dez efectivos, combaterán os incendios na Laracha neste verán

05/07/2024

O Concello xa ten operativas as dúas brigadas municipais de prevención, vixilancia e defensa contra incendios que prestarán servizo durante os próximos tres meses.

Cada unha das cuadrillas está formada por un xefe de brigada, un peón-condutor e tres peóns, polo que en total o Concello conta con dez efectivos.

Os labores que realizarán centraranse principalmente nas tarefas de prevención coa limpeza e desbroce nos entornos dos núcleos rurais nos que exista un maior risco. No caso de declararse algún incendio, tamén asumirán funcións de extinción.

Dispoñer de brigadas municipais permite aumentar a seguridade ao favorecer unha resposta máis áxil ante posibles situacións de risco, complementando así o labor da administración autonómica que ten competencia exclusiva en materia de montes.

A contratación deste persoal faise coa colaboración da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.