Concello
O Concello mellora o equipamento para as emerxencias no medio acuático grazas á Xunta de Galicia
04/07/2024
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros responsables de Protección Civil, José Ramón Martínez e Pablo Cambón, xunto a un membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha, desprazáronse hoxe ata a sede da Academia Galega de Seguridade Pública para recibir o novo equipamento para as emerxencias no medio acuático que foi entregado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.
En concreto, o Concello recibiu unha cadeira anfibia, unha táboa de rescate e un tubo de rescate (tamén coñecido como floppy) que se van poñer de maneira inmediata a disposición do equipo de salvamento e socorrismo que presta servizo na praia de Caión.
A achega deste material faise grazas á convocatoria da Xunta de Galicia para a adxudicación de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.