• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello cubrirá dúas prazas de Policía Local a través da Academia Galega de Seguridade Pública

14/06/2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou no día de onte a orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan os procedementos selectivos unificados para a incorporación de 114 prazas de Policías Locais para concellos de toda Galicia.

No caso do Concello da Laracha preténdense cubrir dúas prazas polo sistema de provisión por mobilidade, isto é, por policías en exercicio que desexen cambiar de municipio mediante un concurso. No caso de que non fosen cubertas deste xeito, as prazas serían incorporadas ao acceso por oposición libre.

Para unha maior eficiencia e simplificación administrativa, o Concello ten delegado na Academia Galega de Seguridade Pública o procedemento selectivo.

O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará trala publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e será de 20 días hábiles. Deberase tramitar a través de la sede electrónica da Xunta de Galicia.

Actualmente a Policía Local da Laracha conta 5 efectivos (1 oficial e 4 axentes) máis 3 auxiliares incorporados a principios deste mes e que prestarán servizo ata final de ano. A nova relación de postos de traballo (RPT), que se atopa en fase de negociación, contempla un notable reforzo do corpo municipal de seguridade, que pasaría a estar integrado por 11 efectivos (2 oficiais e 9 axentes).