Concello
A Laracha acollerá o 30 de maio un obradoiro con familias sobre valores socioemocionais e benestar educativo
23/05/2024
O xoves da próxima semana, día 29 de maio, a Casa da Cultura da Laracha acollerá de 18:00 a 20:00 horas o obradoiro titulado Educar o ser: as fortalezas, os valores e as emocións no marco do Espazo Educa-Creando Pontes impulsado polo Centro de Formación e Recursos da Coruña da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Consistirá nunha conversa con familias a cargo de Silvia Estévez Touriño, mestra de educación primaria e coach educativa e de adolescentes especializada en competencias socioemocionais, liderado e benestar educativo.
Durante a xornada traballaranse de modo práctico cuestións relacionadas cos valores, as fortalezas e as emocións para que os participantes poidan tomar consciencia deles mesmos a través do seu autocoñecemento, que lles será de utilidade no proceso de educación dos nenos.
O prazo de inscrición no obradoiro xa está aberto. Aquelas familias interesadas en participar deben anotarse enviando un correo electrónico a upa@edu.xunta.gal.

