• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCURSO DE DISFRACES DE ENTROIDO ESTARÁ DOTADO CON PRETO DE 3.000 EUROS EN PREMIOS

11/02/2017

O Concello da Laracha vén de aprobar as bases do tradicional concurso de disfraces de Entroido, que se desenvolverá o martes día 28 de febreiro (festivo local) como evento central da ampla programación municipal que se levará a cabo nesas datas.

O certame vai dirixido a todos os públicos e neste ano repartiranse preto de 3.000 euros en premios. As categorías establecidas son as seguintes:

 

- Individual infantil (ata 12 anos).

- Individual adulto (a partir de 13 anos).

- Parellas infantil (ata 12 anos).

- Parellas adulto (a partir de13 anos).

- Grupos (de 3 a 8 compoñentes).

- Comparsas (máis de oito compoñentes)

 

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 50 e 40 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 200, 150 e 100 euros.

Nas comparsas haberá dúas modalidades de premios diferentes, que serán a posta en escena e o deseño da vestimenta. En ambos casos a dotación económica ascenderá a 250, 200 e 150 euros. A mesma comparsa poderá obter premios nas dúas modalidades. Ademais, ata un máximo de dez comparsas non premiadas poderán acceder a un premio de 75 euros polo feito de participar, a excepción de que o xurado determine que non reúne as condicións mínimas de calidade.

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido deben comunicalo previamente no Concello da Laracha, ben chamando ao 981 605 001 ata o 27 de febreiro ou ben presentándose o propio día do evento na Casa do Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas.