Concello
En marcha as obras de mellora da estrada entre O Cruceiro e Escurido, na parroquia de Lendo
16/02/2024
Xa están en execución as obras de mellora da estrada de Lendo que comunica O Cruceiro e Escurido, sendo por tanto unha das estradas principais da parroquia.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Pablo Cambón y José Ramón Martínez Barbeito, supervisaron hoxe os traballos que se están levando a cabo. O tramo da estrada obxecto das obras alcanza unha lonxitude lineal de 600 metros, que son os que presentan un maior deterioro. A intervención contempla a renovación da superficie de rodadura da calzada e a pavimentación do sobreancho nos puntos nos que así o permite a dispoñibilidade de terreo. Concluirase coa sinalización horizontal e vertical, incluíndo o pintado das liñas dos bordes da vía e os símbolos necesarios segundo o código de circulación.
O orzamento do proxecto alcanza os 39.000 euros que son investidos na mellora das comunicacións e da seguridade viaria nesta estrada de titularidade municipal.