• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello ampliará e renovará o parque infantil xunto ao centro sociocultural de Paiosaco

17/02/2024

O Concello vén desenvolvendo durante os últimos meses un plan de mellora dos parques infantís de titularidade municipal coa finalidade de renovar e modernizar os equipamentos e facelos máis atractivos, cómodos e seguros para os seus usuarios.

O próximo punto de intervención obxecto deste plan será o parque infantil situado na Porta Santa, xunto ao Centro Sociocultural de Paiosaco.

O proxecto deseñado polo Concello contempla a completa renovación do equipamento cunha ampliación do espazo que ocupa actualmente, o reforzamento da seguridade coa substitución do actual pavimento de lousas de caucho por outro continuo de absorción de choques e o cambio dos xogos existentes.

O orzamento supera os 46.000 euros, que serán investidos para mellorar o parque infantil da Porta Santa como espazo para a convivencia, de apoio ás familias e favorecedor das relacións sociais e do lecer da infancia.

Na procura deses mesmos obxectivos recentemente foron renovados polo Concello os parques infantís da Insua en Caión e os das Prazas do Concello, O Recreo e Maximino Canedo da Laracha. Na zona rural tamén se puxeron a disposición dos cidadáns os de Soandres, no Priorato, e o de Erboedo, no Igrexario.