• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O CONCELLO ORGANIZARÁ UN CURSO DE PREPARACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO PARA ADULTOS

25/04/2016

O Concello da Laracha, coa colaboración económica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organizará un curso de preparación para a obtención do graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas maiores de 18 anos de idade.   

Todos os veciños da Laracha que desexen participar nesta acción formativa deben formalizar o antes posible a súa inscrición de xeito gratuíto acudindo ao Concello ou ao novo edificio administrativo.   

As probas, convocadas pola Xunta de Galicia, celebraranse en maio e tamén no mes de setembro. O curso da Laracha estaría pensado para a preparación dos exames de setembro.   

O Concello da Laracha leva a cabo esta iniciativa para formar aos alumnos co obxectivo de que superaren os exames de obtención do título de graduado en ESO e dotalos dos coñecementos, instrumentos e habilidades que lles sexan útiles na súa vida diaria e que lles permitan progresar no seu ámbito persoal, social e laboral.

Compartir: