Concello
O Concello organiza unha “Finde na neve” para iniciar na práctica do esquí a mozos de 12 a 18 anos
25/01/2024
O Concello organiza por segundo ano consecutivo o programa Finde na neve co propósito de iniciar na práctica do esquí a mozos de entre 12 e 18 anos de idade.
Neste ocasión farase entre o 16 e o 18 de febreiro nas instalacións da estación invernal Fuentes de Invierno localizada no asturiano municipio de Aller.
A cota que deberán aboar os participantes que obteñan a praza é de 90 euros. Inclúe o transporte en autobús, a estancia con pensión completa nun hotel de tres estrelas, aluguer de material (esquís, botas, bastón e casco), curso de esquí e seguro de viaxe.
O prazo de preinscrición abrirase o próximo luns (29 de xaneiro) e pecharase o 5 de febreiro. Pódese realizar o trámite en liña cubrindo este FORMULARIO ou ben acudindo á Casa do Concello. No caso de que se presenten máis solicitudes de participación que de prazas dispoñibles, para outorgalas realizaríase un sorteo público o 6 de febreiro ás 10:00 horas no Salón de Plenos do Concello. En calquera caso terán prioridade aqueles rapaces que non participaran nesta mesma iniciativa no ano pasado.