• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Sorteadas as mesas electorais para os comicios autonómicos do 18 de febreiro

22/01/2024

Hoxe celebrouse o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais para os comicios ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o 18 de febreiro.

Nos próximos días enviaranse as notificacións con acuse de recibo ás persoas elixidas por sorteo como presidentes e vogais, titulares e suplentes, das mesas que se constituirán no municipio. Cabe lembrar que a condición de membro da mesa electoral ten carácter obrigatorio e os motivos que impidan a aceptación do cargo deben xustificarse documentalmente ante a Xunta Electoral.

No Pleno extraordinario de hoxe D. José Suárez García tomou posesión como concelleiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE.

Este xoves -25 de xaneiro- celebrarase a sesión ordinaria do Pleno correspondente ao mes de xaneiro.