• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Estratexia de sustentabilidade ambiental

28/11/2016

 

Obxectivos e resultados

A estratexia de sustentabilidade ambiental do Concello da Laracha, como instrumento de planificación da acción municipal, realizouse co obxectivo xeral de definir un uso eficiente e racional dos recursos municipais en relación coa adaptación ao cambio climático e a integración desa adaptación na xestión e planificación municipal.

En base ao diagnóstico realizado, chegouse á determinación das liñas que forman a estratexia de sustentabilidade ambiental para a adaptación ao cambio climático do Concello da Laracha.