• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Aberta a inscrición para os nenos que desexen acompañar como paxes aos Reis Magos na Cabalgata

26/12/2023

Os Reis Magos volverán percorrer as trece parroquias do Concello na cabalgata de dous días que se vai realizar o 4 e o 5 de xaneiro.

Todos os nenos maiores de dez anos de idade que desexen acompañar como paxes a Melchor, Gaspar e Baltasar, poderán anotarse a partir de mañá martes e ata as 12:00 horas do día 2 de xaneiro. Para iso deberán cubrir en liña este FORMULARIO ou acudir ao Concello.

No momento da preinscrición é preciso escoller unha das dúas quendas, ben a do día 4 (percorrido polas parroquias de Torás, Coiro, Soutullo, Golmar, Montemaior, Soandres e Erboedo) ou a do día 5 (Vilaño, Cabovilaño, Lemaio, Torás, Lendo, Caión e Lestón).

No caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas dispoñibles, para outorgalas realizaríase un sorteo público o martes 2 de xaneiro ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Concello.