Concello
O Sendeiro de Saldoiro volve lograr o distintivo de "Sendeiro Azul"
15/12/2023
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) anunciou hoxe os resultados do Xurado do programa Sendeiros Azuis, que inclúe un ano máis, por undécimo consecutivo, o galardón para o Sendeiro de Saldoiro de Caión.
ADEAC recoñece, así, o tramo do paseo marítimo de 1,5 quilómetros de distancia que bordea a costa desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido como un valiosos recurso para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividades deportivas e de ocio ao aire libre, destacando tamén o compromiso do Concello na súa recuperación e posta en valor.
En toda España hai 128 Sendeiros Azuis, dos cales 49 son itinerarios galegos pertencentes a 27 concellos diferentes, once deles na provincia da Coruña.
O Concello tamén presentou a ADEAC as candidaturas para que a praia de Caión conte de novo coa Bandeira Azul no próximo verán, e tamén para repetir distintivo de Centro Azul de educación ambiental no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.